Curso Novos formatos en Redes Sociais: Retransmisións en directo e contido efémero

23 05 2017

Actualmente máis do 80% dos internautas pertencen a unha rede social, un dato global que fixo evolucionar de maneira espectacular as estratexias de comunicación e publicidade e ir máis aló dos medios tradicionais, consolidándose as redes sociais como nova canle de relación entre cliente/empresa/usuario.

Durante o último ano o contido en vídeo converteuse no rei dentro das diferentes redes, polo impacto, efectividade e gran interacción que xera.

Este auxe do vídeo márketing foi un dos factores que contribuíron en gran medida ao éxito de aplicacións como Periscope, Snapchat ou a recentemente chegada Instagram Stories, un servizo de contido efémero co que podemos sacar fotos e vídeos, engadirlles todo tipo de debuxos e publicalos de maneira que deixen de ser accesibles unha vez pasado determinado tempo.

Neste curso descubrirás as principais plataformas de retransmisión en directo e de contido efémero, as súas funcionalidades, as estratexias de márketing asociadas… e resolverás todas as túas dúbidas ao redor destes novos formatos.

DESTINATARIOS:

Community managers, bloggers, responsables de marketing e comunicación, persoal de axencias de publicidade… e demais profesionais do Social Media que busquen actualizar os seus coñecementos nesta disciplina e descubrir un novo horizonte para a definición de estratexias publicitarias e de comunicación.

PROGRAMA:

1- RETRANSMISIÓNS EN DIRECTO

1.1. Que son e por que é tendencia

1.2. Principais plataformas para retransmitir en directo

1.2.1. Facebook

1.2.2. Twitter/Periscope

1.2.3. Instagram

1.2.4. Youtube

1.3. Estratexias de márketing con retransmisións en directo

2- CONTIDO EFÉMERO

2.1. Que é e por que é tendencia

2.2. Principais plataformas con contido efémero

2.2.1. Snapchat

2.2.2. Instagram

2.2.3. Facebook

2.2.4. Whatsapp

2.3. Estratexias de márketing con contido efémero

DOCENTE:

Pablo Medraño González, todo un profesional experto en publicidade online. Despois de finalizar os seus estudos en Administración e Dirección de Empresas centrou a súa formación no mundo do márketing online e a publicidade a través das redes sociais, unha especialidade que o levou a traballar como social media strategist & manager para empresas como Tic&Tic ou The Cooksters.

Actualmente é o director do departamento de Inbound Marketing  da empresa Roi Scroll. Así mesmo, compaxina a súa actividade profesional coa impartición de charlas, formacións e conferencias en materias que forman parte da súa especialidade: o márketing online.

TITULACIÓN OBTIDA:

Certificado de Asistencia da Asociación Galega para a Formación do Sector Publicitario para unha asistencia mínima do 65%.

DATAS E LUGARES DE IMPARTICIÓN:

Sábado 10 de xuño de 2017 de 09 a 15 h (6 horas).

Lugar:
Aula Formación Agafpu
Avda. Rosalía de Castro 42-bajo, Santiago de Compostela.

MATRÍCULA:

O custo do curso é de 80 €. (10% de desconto para antigos alumnos. Non acumulable a outros descontos). Reservarase praza por estrito orde de inscrición.

Para formalizar ás matrículas ou recibir máis información:
agafpu@gmail.com
Telf.: 680 273608

Anuncios