Asociación

AGAFPU, Asociación Galega para a Formación do Sector Publicitario, nace co obxecto de fomentar a formación de todos os profesionais e interesados no mundo publicitario e do marketing.


Un dos principios básicos da asociación é facilitar unha formación de calidade e accesible a todos, para que o capital humano, actual e futuro, destes dous sectores estea na vangarda das novas tendencias.


A competitividade é un eixe fundamental para todos os profesionais e nun mundo onde os novos formatos están a revolucionar os conceptos básicos do mercado é necesario a formación continua.