CURSO DE EMAIL MARKETING CON MAILCHIMP

29 05 2018

O email márketing segue sendo unha das ferramentas máis potentes no mundo do marketing online, tanto na captación de novos clientes como para a fidelización dos mesmos. É por iso que cada día son máis as empresas que demandan profesionais e axencias expertas en xestionar este tipo de campañas e en facer unha valoración e análise dos seus resultados.

Neste curso teórico-práctico descubrirás todos os segredos do email márketing da man dun dos profesionais galegos con máis experiencia neste tipo de campañas, facendo especial fincapé na plataforma de email márketing por excelencia.

DESTINATARIOS:

Community managers, bloggers, responsables de marketing e comunicación, persoal de axencias de publicidade… e demais profesionais do Social Media que busquen actualizar os seus coñecementos nesta disciplina.

PROGRAMA:

  1. Introdución ao email márketing.

Definiremos que entendemos exactamente por email márketing e cales son as súas principais vantaxes fronte a outras ferramentas de márketing dixital

  1. Bases de datos e listas de correos

Analizaremos as diferentes bases de datos que podemos usar para os nosos envíos (propias e de terceiros) así como o concepto de listas de correos.

  1. Formularios de subscrición e landing pages

Para poder levar a cabo as nosas campañas de email márketing necesitaremos nutrir unha lista de contactos á que dirixirnos. Por iso, analizaremos as claves para crear formularios e landing pages de éxito para a xeración de leads.

Práctica: Creación dun formulario e unha landing page con Mailchimp

  1. Técnicas de lead nurturing e  lead  scoring

Profundaremos en técnicas como o lead scoring e o lead nurturing, grazas ás cales podemos tratar as nosas listas de correos, conseguir mellores resultados e deslizar aos nosos usuarios polo embude de vendas.

  1. Segmentación de listas de correo

Aprenderemos como crear segmentos dentro das nosas listas que nos permitirán ser máis oportunos coas nosas comunicacións.

Práctica: Creación de segmentos en base a distintas variables en Mailchimp

  1. Automatización do email márketing

Faremos un percorrido por todas as opcións de automatización do email márketing. Desde as máis sinxelas como correos de benvida, ata complexas cadeas automatizadas en base a diversos fitos e disparadores. Descobre como facer o traballo unha vez e deixar que a túa ferramenta de email márketing faga o resto.

Práctica: Creación dunha cadea de correos automatizados en Mailchimp

  1. Claves para crear un bo envío de email márketing

Recompilaremos todas as claves esenciais para crear envíos de email márketing de éxito cunha serie de tips e boas prácticas tanto para a configuración técnica do envío como para a creación do contido do mesmo. Como definir un bo asunto, como configurar o remitente ou que información debemos incluír no footer, son algunhas das cousas que veremos nesta sección.

Práctica: Creación e envío de 2 correos de email márketing en base a 2 casos reais con necesidades diferentes de comunicación.

  1. Medición de resultados de email márketing

Estudaremos todas as métricas asociadas a envíos e ás nosas listas de correo, desde as máis simples ata as compostas, así como os principais cocientes para poder facer unha boa análise. Así mesmo, daremos consellos para extraer conclusións e seguir mellorando os nosos resultados.

Práctica: Análise de métricas reais asociadas aos envíos realizados nos exercicios prácticos previos.

  1. Estratexia de email márketing

Tras pasar por todos os apartados anteriores, estaremos en condicións de crear estratexias concretas de email márketing para todo tipo de proxectos tendo en conta a súa funnel de vendas.

Práctica: Definiremos unha estratexia de email márketing completa tendo en conta as particularidades dun caso concreto.

DOCENTE:

Pablo Medraño González é experto en modelos de negocio e marketing online. Despois de finalizar os seus estudos en Administración e Dirección de Empresas centrou a súa formación no mundo do márketing online e a publicidade a través das redes sociais, unha especialidade que o levou a traballar como social media strategist & manager para empresas como Tic&Tic ou The Cooksters.

Tamén foi director do departamento de Inbound Marketing da empresa Roi Scroll. Agora mesmo, compaxina a súa actividade profesional coa impartición de charlas, formacións e conferencias en materias que forman parte da súa especialidade: o márketing online.

TITULACIÓN OBTIDA:

Certificado de Asistencia da Asociación Galega para a Formación do Sector Publicitario para unha asistencia mínima do 65%.

DATAS E LUGARES DE IMPARTICIÓN:

Sábados 16 e 23 de xuño de 2018 de 9:30 a 14:30 h (10 horas).

Lugar:
Aula Formación Agafpu
Avda. Rosalía de Castro 42-bajo, Santiago de Compostela.

MATRÍCULA:

O custo do curso é de 120 €. (10% de desconto para antigos alumnos. Non acumulable a outros descontos). Reservarase praza por estrito orde de inscrición.

Para formalizar ás matrículas ou recibir máis información:
agafpu@gmail.com
Telf.: 680 273608

Anuncios




Curso Novos formatos en Redes Sociais: Retransmisións en directo e contido efémero

23 05 2017

Curso Novos Formatos en Redes Sociais: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso de WooCommerce (ecommerce para WordPress)

3 05 2017

Curso WooCommerce (ecommerce para WordPress): Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso de Iniciación a Photoshop CS6

4 04 2017

Curso Iniciación a Photoshop CS6: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso práctico Inbound Marketing: Como facer que os clientes cheguen a ti

1 03 2017

Curso Inbound Marketing: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso de Illustrator CS6

16 01 2017

Curso Illustrator CS6: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso Gabinete de Prensa 2.0

31 10 2016

Curso Gabinete de Prensa 2.0: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.