CURSO: GABINETE DE PRENSA 2.0

13 05 2013

O mundo da comunicación avanza tan rápido que é necesaria unha continua reciclaxe. Internet ofrece infinitas posibilidades que permiten a un gabinete de prensa acadar mellores resultados.
As novas plataformas cobran hoxe unha relevancia cada vez maior fronte os medios de comunicación tradicionais o que fai preciso que os profesionais da comunicación se vexan na obriga de moverse con soltura dentro destas novas canles (redes sociais, blogs…)
Neste curso mostraranse as diferentes plataformas e estratexias 2.0. aplicadas polos gabinetes de prensa máis efectivos.

PROGRAMA

Módulo 1: Planifica
• Dun gabinete de prensa tradicional a un 2.0.
• Xornalista ou community manager?
• Internet…un mundo de posibilidades! cal é a mellor estratexia en cada caso?
-Medios online
-Blogosfera
-Redes sociais
-Outras plataformas
• Cómo crear unha base de datos de contactos online
• Estratexia, estratexia, estratexia: fixa obxetivos, planifica e dispara!
-Información ao teu target
-Información corporativa
-Convocatorias
-Promocións-produtos

Módulo 2: Comunica
• Identidad dixital e reputación corporativa
• Cómo colgar as túas notas de prensa:
-Salas de prensa
-Blogs corporativos
-Outras plataformas
• As claves para escribir en Internet. Best practices para a redacción de notas de prensa e contidos online
• Claves para mellorar o SEO da túa comunicación. O posicionamento en buscadores como ferramenta para multiplicar o impacto e difusión dunha información
• Email MKT

Módulo 3: Mide
• Ferramentas para medir o impacto das túas comunicacións. Medición do teu desempeño, interpretación dos resultados e toma de decisións para futuras accións.
- Analytics como ferramenta para gabinetes de prensa: nocións básicas
- Outras aplicacións gratuítas para medir a túa repercusión
• Cuadro de mandos e KPI´s que debes ter en conta
• Media Intelligence

Toda a materia explicarase en base a casos reais de éxito ou de fracaso.

A QUÉN VAI DIRIXIDO?

A profesionais da comunicación, responsables de gabinetes de prensa e mercadotecnia.
Nivel: medio. Os alumnos deben contar con coñecementos básicos de xestión de gabinete de prensa (redacción de notas, convocatorias de medios…).

DOCENTE

María Mosquera Leal
Licenciada en Periodismo pola Universidade de Santiago especializouse en Periodismo Electrónico na Universidade Van Amsterdam de Holanda. Realizou varios posgraos na Escola de Negocios ICEMD-ESIC e na UPC de Barcelona sobre Marketing Online e Marketing Estratéxica e Operativa.
Traballou nos departamentos de prensa de Volkswagen-Audi España, Privalia, Acceso Group, Allianz Seguros, Winterthur, Pézcalo… así como en diferentes medios de comunicación.
Actualmente é CEO España en Boottle.es.
A súa dilatada experiencia no mundo da comunicación e a súa especialización nos medios online convértena en toda unha especialista en gabinetes de prensa 2.0.

TITULACIÓN OBTIDA:

Certificado de Asistencia da Asociación Galega para a Formación do Sector Publicitario para un mínimo do 75% de participación nas actividades do curso.

DATAS E LUGARES DE IMPARTICIÓN:

Sábados 1, 8 e 15 de xuño de 10 a 14 horas.
Lugar:
Avda. Rosalía de Castro 42-baixo, Santiago de Compostela.

MATRÍCULA

O custo do curso é de 125 € e o prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de Maio. As prazas reservarase por estrito orde de inscrición.

Para formalizar ás matrículas ou recibir máis información:
agafpu@gmail.com

Telf.: 680 273608





CURSO DE INICIACIÓN Á MAQUETACIÓN WEB

13 05 2013

Curso de Iniciación á Maquetación Web: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso de Posicionamiento en Buscadores (SEO)

17 03 2013

Curso de Posicionamiento en Buscadores: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso Práctico de Analítica Web

12 11 2012

Curso Práctico de Analítica Web: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





II Curso de Community Manager

12 09 2012

Curso de Community Manager: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso de Preimpresión, Impresión e Postimpresión para Deseñadores

11 06 2012

Curso de Preimpresión, Impresión e Postimpresión para Deseñadores: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.





Curso de cómo vender publicidade: Técnicas comerciais e de presentación de proxectos ou campañas publicitarias

11 05 2012

Curso de cómo vender publicidade: Técnicas comerciais e de presentación de proxectos ou campañas publicitarias: Non existen prazas dispoñibles.
Esperamos proximamente abrir novos grupos.








Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.